LA RED

La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública é unha asociación cultural sen ánimo de lucro constituida en febreiro do ano 2000, en convenio de Colaboración co INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música), Ministerio de Educación Cultura y Deportes.

ASOCIADOS

Actualmente La Red Española de Teatros conta con 183 asociados. Trátase de espazos de exhibición de artes escénicas de titularidade pública de todo o territorio nacional. Dentro desta cifra inclúense os principais teatros e auditorios do país. Ademáis de 15 redes e circuitos de artes escénicas das comunidades autónomas e provinciais que asemade aglutinan os seus espazos dependentes. Polo que La Red reúne máis de 1000 espazos de exhibición públicos.

MISIÓN E VALORES

A nosa misión é:

Impulsar o sector das artes escénicas e da música, facendo máis accesible a toda a poboación. Traballamos na consolidación das estruturas públicas de exhibición e produción, garantizando unha oferta escénica de calidade, plural e diversa. A nosa asociación xera un espazo de reflexión, impulsando a formación, a investigación e as novas tecnoloxías, para convertir os teatros en organizacións eficaces, eficientes e innovadoras.

A nosa visión é:

Posicionarnos como interlocutor necesario no sector das artes escénicas e da música, non só no ámbito nacional, senón tamén no internacional. La Red desea convertirse no principal catalizador do coñecemento, a información e as aspiracións dos axentes que intervén na creación, na exhibición, na distribución e a comunicación, colaborando na xeración de ideas e de políticas culturais que vertebren e melloren o sector.

 Valores

Creatividade, accesibilidade, transparencia, innovación, investigación, eficacia, diversidade, pasión.

OBXECTIVOS

  • Fomentar E potenciar a creación e a formación de públicos no ámbito das artes escénicas e musicais en España.
  • Garantizar a calidade e estabilidade na programación dos teatros e auditorios de titularidade pública, potenciando a cooperación e colaboración entre eles, así como con os circuitos das Comunidades Autónomas.
  • Impulsar e promover unha estreita, permanente e enriquecedora cooperación entre os diferentes teatros, auditorios, circuitos e redes (públicos e privados), tanto nacionais como internacionais.
  • Establecer vías de comunicación entre os diferentes axentes que intervén no desenvolvemento das políticas sectoriais do teatro, a música e a danza (creadores, produtores, distribuidores e xestores culturais) na perspectiva do mantenimento e consolidación do sector.
  • Promover mecanismos de comunicación e colaboración co sector escénico e da música dos países que conforman a Comunidade Europea e os países Iberoamericanos.
  • Axudar ás administracións públicas no desenvolvemento técnico da intervención e xestión no ámbito das artes escénicas e musicais.
  • Colaborar con entidades como universidades, unidades de producción teatral e musical, centros de formación, e especialmente, os Centros de Documentación Teatral e Musical do Ministerio de Educación e Cultura, para facilitar a investigación e intercambio de información sobre as artes escénicas.

MEMBRO DA IETM

La Red É membro da IETM-International Network for Contemporary Performing Arts (Rede Internacional das Artes Escénicas Contemporáneas), unha organización cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento das artes escénicas nun entorno global e poñer en valor o papel das artes escénicas como piar do desenvolvemento social, cultural e económico. A súa misión é facilitar a creación de redes profesionais e de comunicación, o intercambio dinámico de información e a transferencia de coñecementos entre todos os axentes das artes escénicas a nivel internacional.

IETM integra a máis de 500 organizacións de 50 países de todo o mundo, especialmente en Europa

ESTRUTURA

Asamblea Xeral

É o órgano supremo que tutela e decide mediante deliberacións e votacións o funcionamento e organización da Asociación. A Asamblea Xeral está composta polas institucións xestoras de carácter público de todos os teatros, auditorios, circuitos e redes, membros da Asociación en cada momento, que actúan nAsamblea Xeral a través de representantes -con delegación expresa- dos órganos de goberno competentes destas institucións xestoras.

 

Xunta Directiva

A Xunta Directiva está formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e ata cinco Vocais. Ningún dos cargos que compoñen a Xunta Directiva está retribuído. A Asamblea Xeral elixe aos membros da Xunta Directiva, e os propios membros da Xunta Directiva deciden o reparto dos cargos. Todos os cargos están vinculados á institución pública a quen representan na Asamblea Xeral. Por isto, cando unha persoa física, integrante da Xunta Directiva, perda a súa condición de representante da institución pública correspondente na Asamblea Xeral, perderá tamén a súa condición de cargo da Xunta Directiva, sendo cuberta a súa vacante dacordo co establecido nos Estatutos.

A Xunta Directiva da Asociación é o órgano que representa, coordina e administra a Asociación, en relación coas atribucións que lle outorgan os Estatutos e as actividades encomendadas pola Asamblea Xeral, organizando ás súas tarefas e reparto de funcións dacordo co modo que estime máis conveniente para conseguir o máximo de eficiencia.

 

Oficina de Xestión

Funciona como un órgano profesionalizado de xestión sen carácter directivo, creada para o soporte administrativo, de información e coordinación da Asociación.

XUNTA DIRETIVA

Juan I. Herrero
Juan I. Herrero

Presidente
Laboratorio de las Artes Valladolid (LAVA)
Tlf.: 983 426 246
jherrero@fmcva.org

Marta Monfort
Marta Monfort

Vicepresidenta
Teatro Principal Antzokia de Vitoria
Tlf.: 945 161 274
teatro@vitoria-gasteiz.org

Ana López Asensio
Ana López Asensio

Vicepresidenta
Barakaldo Antzokia
alopezasensio@barakaldo.org

Mª Angeles García Cabello
Mª Angeles García Cabello

Secretaria
Consorcio Cultural Albacete
Tlf.: 967595300 Ext. 43602
ma.garcia@dipualba.es

Pedro Blanco
Pedro Blanco

Tesorero
Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida
Tlf.: 924009480
pedro.blanco@festivaldemerida.es

Juan Pablo Soler
Juan Pablo Soler

Vocal
Teatros municipales del Ayuntamiento de Murcia: Teatro Romea, Teatro Circo Murcia y Teatro Bernal
teatrocircomurcia@ayto-murcia.es

María José Mora
María José Mora

Vocal
Dansa València
propuestas.dansavalencia@gmail.com

Xosé Paulo Rodríguez
Xosé Paulo Rodríguez

Vocal
Teatro Rosalía Castro de A Coruña
x.rodriguez@coruna.es

Xaquín López González
Xaquín López González

Vocal
Auditorio de Galicia
direccion@auditoriodegalicia.org

Francisco Flor
Francisco Flor

Vocal
Teatro Chapí de Villena
Tlf.: 965814750
pacoflor@villena.es

XESTIÓN Y COORDINACIÓN

Elvira Gutiérrez

Elvira Gutiérrez
directora gerente
gerencia@redescena.net

María Valls

María Valls
Formación
formacion@redescena.net

Patricia Guerreira

Patricia Guerreira
Gestión de asociados
redteatros@redescena.net

Sara García

Sara García
Circuito de Circo
contenidos@redescena.net