Tralo éxito de “O Apalpador e a nena sen Medo”, chega a segunda parte: “O Apalpador e as palabras perdidas”
Ben é sabido que O Apalpador baixa cada ano dende o Courel para traer castañas e agasallos e dende que coñeceu á nena sen medo, tamén palabras! Palabras en galego, mais algunhas van esquecéndose… mesmo para el. Un retorno ao pasado faranos lembrar.
Buscaremos, atoparemos e recuperaremos xoguetes e palabras que foron esquecidas por moitas persoas. Así, esas palabras poderán volver ás nosas vidas na noite do Nadal en forma de agasallo para seguir aprendendo e gozando duhas tradicións e dun idioma tan máxicos como fermosos.