REGISTRO

ESPECTÁCULOS

Manuel G. Vicente
Teatro

Castelao, un corazón á intemperie

Subgénero:
Teatro de Objetos
Duración:
00:50
Fecha de Estreno:
29 marzo 2025
Compañía/Artista:
Fantoches Baj
Autoría:
Inacio Vilariño
Dirección:
Inacio Vilariño
Intérpretes:
Actor y manipulador: Inacio Vilariño
Traducción:
Inacio Vilariño
Adaptación:
-
Dramaturgia:
Inacio Vilariño
Escenografía:
Inacio Vilariño
Vestuario:
Olga Vieites
Música:
Tradicional gallega
Iluminación:
Fantoches Baj
Sonido:
Inacio Vilariño
Formato:
Pequeño

Ao cumprirse dez anos da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1888 - Bos Aires, 1950), o 7 de xaneiro de 1960, nun tempo no que en Galicia non era posible chorar a súa perda, o dramaturgo e director de escena Daniel Varela Buxán rende, nun acto clandestino, diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro. Varela Buxán, quen renunciara a representar o seu teatro en Galicia porque tería que pasar o filtro da Falanxe, conta, axudado de marionetas, a vida de Castelao contradicindo a orde ministerial de que a obra do autor rianxeiro quedase reducido a súa faceta de humorista. Incide entón, Varela Buxán, durante a súa representación naqueles aspectos de Castelao que o levaron a ser unha figura censurada durante a ditadura. O feminismo, o antiracismo, o galeguismo, a sátira do aparato do poder, en fin, a defensa dos oprimidos, son temáticas que se abordan nesta representación coa conivencia do público nun contexto de clandestinidade. Só a propia declaración pública de amizade profunda co exiliado Castelao, como fai Varela Buxán nesta obra, podería ser motivo de represalias políticas, pero el non se queda aí senón que menciona e le pasaxes de “Sempre en Galiza” a que foi chamada biblia da galeguidade e que estivo prohibido durante a ditadura.

Manuel G. Vicente

Vídeo promo